martes, 16 de septiembre de 2014

Serán

Xa é moi tarde, agora voan os paxaros,
voan lonxe, afastándose de min
Eu resisto, negándome a durmir,
no solpor, de tonos fríos e apagados.

Procurando colibries, eu, calado
onda sempre, sen moito que dicir
agardando aquelo que teña que vir
e lembrando os quentes ventos do pasado

Sempre soupen que este intre chegaría,
esta noite longa e escura que caerá
precedida pola néboa branca e fría.

Sei que a fin desta dozura chega xa.
O sol ponse rematando o curto día,
e non sei se volverá a sair mañá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario