domingo, 30 de agosto de 2020

Outra

Lonxe quedas as tardes agochadas e indecisas. Quedan lonxe as palabras que ninguén quería escoitar.

Moi lonxe están as viaxes e as visitas, clandestinas, temerosas, que me facían chorar.

Quedaran atrás as terras da incertidume e do medo, da paixón incomprensible de quen chegou dende o inferno. 

Quedaran xa moi atrás as perdices e os mareos, quedaran xa soterradas as lembranzas deses tempos.

Mais outra vez apareces cargada con mil maletas. Algunhas veñen de sempre, outras teñen etiqueta.

Outra vez, e me hipnotizas con acordes e sorrisos. 

Esquezo, volvo esquecer, que decidin esquecerte.


No hay comentarios:

Publicar un comentario